Esta obra contén no seu cerne a edición de cincuenta documentos notariais producidos en galego entre ca. 1225 e ca. 1260, lidos directamente sobre os orixinais, senón un caso excepcional (nº 6), que é un traslado cronoloxicamente moi próximo ao orixinal. Incluímos en apéndice cinco documentos máis anteriores a 1260, pero aos que non temos acceso directo porque se extraviou o orixinal e soamente os coñecemos ben mediante edición realizada nos nosos tempos (B, C, D), ben mediante copia coetánea (A e E). O criterio para a escolla dos documentos foi a lingua en que están escritos: o galego sensu strictu, isto é, sen incluír o portugués1. A inmensa maioría dos documentos foron redactados dentro do dominio lingüístico galego, pero hai algún exemplo procedente do exterior deste (nº 16, datado en Sevilla). Por tanto, a colección que presentamos acolle o groso da produción primitiva en lingua galega, se por tal entendemos a producida en escrita romance (por oposición á latina medie val) e cun grao de defi nición idiomática indiscutible (por oposición aos textos híbridos ou fronteirizos

  • Formato: PDF
  • Protección: Adobe DRM
  • Limitaciones: Copiar y Pegar: Prohibido / Imprimir: Permitido / Imprimir: Permitido
  • Editorial: U. SANTIAGO COMPOSTELA
  • Paginas: 294
  • Edición: 2009
  • Idioma: Gallego
  • ISBN 9788498874129

Ultimos vistos

El blog de boutique

La experiencia Virgen

Publicar la novela Virgen fue poner a prueba la creatividad en cada paso del proceso y también experimenta.. Seguir Leyendo
Desarrollado integral del sitio: TAP