Un dos trazos máis salientables da evolución histórica do sistema capitalista é a facilidade coa que o mercado se foi estendendo a practicamente todos os ámbitos da existencia material da sociedade humana. Esta permanente vocación expansiva a valorizar -poñer en valor económico- todo aquilo susceptible de ser apropiado (propiedade privada) atópase tan arraigada na nosa vida cotiá que moitas veces pasa desapercibida, e isto malia as profundas consecuencias que se derivan sobre á nosa forma de vida. Porén, esta evolución, inherente á dinámica do capitalismo, non se detén aí senón que se ten prolongado nos últimos tempos, de xeito sutil pero ao mesmo tempo incisivo, aos bens inmateriais: o coñecemento. Neste novo contexto, o presente libro achega análises e reflexións sobre cara a que modelo de sociedade da información e o coñecemento camiñamos, prestando especial atención á controversia existente no ámbito da relación do peculiar mercado de bens inmateriais. Con este obxectivo xeral e dende ópticas plurais, a obra aborda cuestións dos bens inmateriais e o seu cuestionamento, afondando, por outra banda, na problemática que afecta ao regulamento deste tipo de produtos.

  • Formato: PDF
  • Protección: Adobe DRM
  • Limitaciones: Copiar y Pegar: Prohibido / Imprimir: Permitido / Imprimir: Permitido
  • Editorial: U. SANTIAGO COMPOSTELA
  • Paginas: 256
  • Edición: 2009
  • Idioma: Gallego
  • ISBN 9788498874044

Ultimos vistos

El blog de boutique

Cuando me siento a escribir...

Cuando me siento a escribir, siempre comienzo creando el mundo (o, en el caso de la saga Zodíaco, los mund.. Seguir Leyendo
Desarrollado integral del sitio: TAP