Co gallo do XXV aniversario en 2006 da creación da Facultade de Física púxose en marcha unha pescuda nos arquivos da facultade da que axiña se derivou a posibilidade -e tamén a necesidade- de facer un relatorio da súa historia, que compendiara os datos dispersos entre diferente fontes, dun xeito accesible para o público actual. A primeira parte deste libro conságrase a este fin. Debíase incluir, doutro lado, o catálogo dos aparellos históricos que conserva a Facultade, coma un tesouro do pasado sque está no alicerce do presente. Os aparellos constitúen a evidencia da enorme inquedanza científica dos nosos devanceiros, pois foron os seus instrumentos de traballo e constitúen o noso legado. O percorrido textual e gráfico polos mesmos -segunda parte deste libro- é unha apaixoante viaxe a través do tempo, altamente educativa e ilustrativa das diferentes etapas polas que pasou a física en Santiago e, dalgún xeito, na Europa da época. Este catálogo constitúese, ademais, en excelente guía da Facultade, de grande utilidade certamente para os numerosos visitantes entre os que se atopan, de seguro, futuros estudantes da carreira. Este libro, en definitiva, quere dar testemuño de todos aqueles sque dalgunha maneira contribuíron a que a Facultade de Física da Universidade de Santiago de Compostela sexa a realidade que é hoxe en día.

  • Formato: PDF
  • Protección: Adobe DRM
  • Limitaciones: Copiar y Pegar: Prohibido / Imprimir: Permitido / Imprimir: Permitido
  • Editorial: U. SANTIAGO COMPOSTELA
  • Paginas: 168
  • Edición: 2009
  • Idioma: Gallego
  • ISBN 9788498874037

Ultimos vistos

El blog de boutique

La imprenta mayúscula para primeros lectores

Acompañar el desarrollo de las competencias de un primer lector implica considerar especialmente los disti.. Seguir Leyendo
Desarrollado integral del sitio: TAP