"Unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre. Gañador do Premio Torrente Ballester 2003, Xesús Constela Doce propón un achegamento narrativo, desde a imaxinación creadora dun eficaz fabulador, ás distintas facianas da vida de homes e mulleres. En verbas do crítico Xosé Antonio Ponte Far, este libro de relatos é unha proposta arriscada, moderna, resolta atinadamente e con raíces na narrativa de sempre . Con este libro de relatos descóbrese un autor inédito ata o momento. O libro nace do vencello farturento entre literatura e imaxinación creadora. Nel xorde un novo territorio narrativo para a literatura galega, cunha linguaxe diferente, arriscada e efectiva, que engaiola e convence co poder dun gran fabulador. Xesús Constela Doce descobre unha dimensión nova do mundo cotián. O seu xeito de narrar ancórase na realidade inmediata para, con inusitada imaxinación, desvelar novas perspectivas narrativas en ámbitos moi variados da vida humana. As humanas proporcións configuran unha proposta literaria que ha sorprender o lector ou lectora pola súa facilidade para desmontar as convencións e tópicos mediante un estilo directo e orixinal."

  • Formato: PDF
  • Protección: Adobe DRM
  • Limitaciones: Copiar y Pegar: Prohibido / Imprimir: Prohibido
  • Editorial: GALAXIA
  • Paginas: 152
  • Edición: 2004
  • Idioma: Gallego
  • ISBN 9788498659368

Ultimos vistos

El blog de boutique

La imprenta mayúscula para primeros lectores

Acompañar el desarrollo de las competencias de un primer lector implica considerar especialmente los disti.. Seguir Leyendo
Desarrollado integral del sitio: TAP