A Ponte Das Poldras

Autor:

Libro digital

AR$: 138,28

Disponible solo en Argentina
Libro digital
Libro Papel

"Con A ponte das poldras incórporase á colección Dombate, que Galaxia dedica á poesía, unhas das autoras que máis traballa por facer da literatura un espazo textual e aberto: Chus Pato A sintaxe da utopía. Chus Pato fai da experiencia literaria unha paixón vital, unha experiencia de linguaxe que racha límites e axuda a elaborar o que a poeta chama ""a sintaxe da utopía"". Coa finalidade de achegar a lectoras e lectores poemarios de difícil acceso ou esgotados, pero fundamentais para comprender a poesía contemporánea, Galaxia recupera títulos coma este, editado por vez primeira no ano 1996 e agora publicado nunha nova edición revisada pola autora. A poesía de Chus Pato ábrese a distintas realidades, explora territorios incómodos e, en A ponte das poldras, o poema traslada a lectoras e lectores a un espazo de emancipación, desde onde a poeta revisa a historia. En palabras da crítica literaria Iris Cochón, é unha obra que ""recupera o silenciado e inscribe o utópico"". A literatura arrequéntase coa plenitude derivada da imaxinación, da independencia persoal e comunitaria, dela xorde unha nova percepción e, pois que o mundo é linguaxe, tamén un mundo novo."

  • Formato: PDF
  • Protección: Adobe DRM
  • Limitaciones: Copiar y Pegar: Prohibido / Imprimir: Prohibido
  • Editorial: GALAXIA
  • Paginas: 56
  • Edición: 2006
  • Idioma: Gallego
  • ISBN 9788498659474

Ultimos vistos

El blog de boutique

La imprenta mayúscula para primeros lectores

Acompañar el desarrollo de las competencias de un primer lector implica considerar especialmente los disti.. Seguir Leyendo
Desarrollado integral del sitio: TAP