Xelmírez, xenio do ramánico é un apaixonante estudio biográfico sobre unha das máis grandes figuras da Idade Media en Galicia. Nestas páxinas, recentemente descubertas, dá Otero Pedrayo unha excelente medida das súas recoñecidas capacidades para a evocación histórica e a reconstrucción de tempos, espacios e humanidades. Apoiado nunha importante documentación que non chega nunca a coutar o seu poderío literario, Otero traza neste libro un perfil totalizador de Xelmírez, un retrato no que o bispo que engrandeceu a Compostela medieval amósasenos nas súas múltiples caras: político, príncipe da Igrexa, constructor de cidades e home. Pero a biografía xelmiriana é para Otero inseparable do marco no que se produce e, deste modo, Santiago de Compostela, Galicia e a Europa que renace no Románico acadan tamén papel protagonista neste suxerente e vigoroso ensaio.

  • Formato: PDF
  • Protección: Adobe DRM
  • Limitaciones: Copiar y Pegar: Prohibido / Imprimir: Prohibido
  • Editorial: GALAXIA
  • Paginas: 240
  • Edición: 2009
  • Idioma: Gallego
  • ISBN 9788498659801

Ultimos vistos

El blog de boutique

La imprenta mayúscula para primeros lectores

Acompañar el desarrollo de las competencias de un primer lector implica considerar especialmente los disti.. Seguir Leyendo
Desarrollado integral del sitio: TAP